O Día das Letras Galegas é o momento do para avaliar o estado da lingua galega. Vinte anos do Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado co consenso de todos os grupos parlamentarios, acabou sendo acusado de “imposición do galego” por parte do actual grupo político que sustenta o executivo galego. O retroceso da lingua entre xente nova e outros desafíos estarían contradicindo as afirmacións desde as autoridades galegas sobre a saúde da lingua no país
A Coruña centra as actividades institucionais e Santiago as actividades reivindicativas dunha xornada marcada polo amor a lingua. Tamén haberá carreira, recitais, música e roteiros en homenaxe a Luísa Villalta.
Recopilamos nun vídeo diferentes testemuños de neofalantes que reivindican a lingua propia como unha "arma", "identidade", con proxección, máis aló dos prexuízos.
A plataforma Queremos Galego organiza a mobilización, que será ás 12h de maio en Compostela, e difunde un vídeo animando á cidadanía a participar.
O secretario xeral dá Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitaron este xoves ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato do Bierzo adscrito ao Programa de promoción do galego que está a pasar estes días no albergue xuvenil As Sinas, en Vilanova de Arousa.
O actual deán da catedral de Santiago, Xosé Fernández Lago, lembra nunha xornada celebrada no Consello da Cultura Galega como foi a súa participación no proceso de tradución da Biblia ao galego, cuxa primeira edición veu a luz no ano 1989.
Foi realizada pola editorial SEPT, cun grupo de traballo no que participaron 35 persoas, coordinado polos tradutores Xosé Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga. Como conta o escritor galego Silvestre Gómez Xurxo, "foi un reto moi complicado para unha editorial tan pequena, pero logrouse". A primeira edición veu a luz no 1989 e no 2022 publicouse a cuarta.