Cando se lle pregunta á cidadanía sobre o medio ambiente a maioría das persoas está de acordo na necesidade de que se debe protexer, pero, non todas as persoas, de feito case ningunha, das que din que se debe protexer o medio ambiente o fan realmente. Por que? O investigador do Cretus, Sergio Vila, respostou a esta pregunta nunha das conferencias do festival de divulgación científica Pint of Science en Santiago.
Salustiano Mato, catedrático de Zooloxía na UVigo e membro do proxecto de investigación das poboacións de moscas do Tomiño, asegura que ante o aumento do cambio climático "isto non vai cambiar, vai ir a peor, porque vai haber cada vez máis zonas que reúnan boas condicións para que as moscas se reproduzan".
A temática desta edición, "O Xardín é unha obra de arte", trae á vila do Arnoia xardíns inspirados en obras de autores como Van Gogh, Monet, Maruja Mallo, Agustín Ibarrola ou René Magritte; e baseados en correntes artísticas como o impresionismo, o cubismo, o surrealismo ou mesmo o pop.
O balance de 2023 informa que Galicia conta cun total de 498 zonas de baño con 515 puntos de mostraxe que se localizan en 117 concellos
Era unha esixencia do BNG no pleno do Parlamento, no que alertou do impacto crítico destas instalacións na biodiversidade.
É a crítica que fai Ecoloxistas en Acción que denuncia que Augas de Galicia ven de sancionar a EXPLOTACIONES GALLEGAS, S.L. por esta situación.
A organización puxo en coñecemento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil a existencia dun emisario de augas fecais que verte sobre os mananciais das traídas de augas veciñais en Mos, procedente da Cidade Deportiva do Celta.
Así mesmo, localizaron outra serie de obxectos como botes e botellas de plástico e de vidro, dous móbiles, un extintor e outros obxectos plásticos non identificables.
As primeiras hipóteses apuntan a que o lume, orixinado este venres, puido ser causado por un raio dunha treboada seca.
Vigo sitúase á cabeza con diferenza, coas festas de Coia e o verán como picos de ruído. Lugo, pola contra, perde ruído nos meses de verán, cando a xente deixa a cidade. Outras cidades como é o caso de Ferrol xa non manifestan niveis de contaminación acústica elevados en ningún mes do ano 2023.
A APDR destaca que no propio documento de Ence exponse que "esperan non pasar de 14 millóns de metros cúbicos de auga anuais" e indican que aumentará o número de camións que se movan ao redor da factoría. A empresa recoñece que o cheiro "será inevitable que aumente" ao incrementar a emisión de gases.
O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González Prieto, asegura que "todo depende de como fose o lume: da cantidade de biomasa que houbese na zona, da orografía do terreo e da meteoroloxía do momento". Con todo, ao arder maioritariamente eucaliptos, unha especie á que lle beneficia o lume, e non chegar o lume ás copas en moitas zonas, a recuperación debería ser máis rápida.
Concretamente, a conca do Miño-Sil atópase con 2.641 metros cúbicos embalsados, o que supón o 87,2% da súa capacidade, lixeiramente superior á semana anterior cando era do 86,9%