A investigadora da UVigo Emma Torres desvelou nas xornadas HumorSofías, o I Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor celebrado en Santiago esta semana, como "o humor foi usado en moitos casos como xustificación do contido sexista que incorporaban estes anuncios publicitarios".
Vías secundarias con difícil incorporación á estrada principal, curvas estreitas e sen visibilidade, vehículos a altas velocidades pasando por unha zona de casas na que non hai nin beirarrúas nin pasos de peóns... Dende a Plataforma Veciñal de Infesta, un dos seus portavoces, Antón Lois, cóntanos o perigo que corren cada día ao saír das casas.
O condutor deu positivo na proba de alcoholemia. Outra condutora atravesou unha zona verde e espetouse contra un edifcio en Ferrol.
O ministro recoñece que a transferencia ou rescate da AP9 non é "sinxela" e compromete manter as bonificacións. Di que "hai que ser máis pacientes e comprensivos" cos prazos "que non son realistas e que xeran unha expectativa".
Para Tami Prieto, unha moza do Grove, o que ela facía cos seus pais de pequena e o que súa nai facía antes co seu avó recollendo tesouros que o mar traía ata a praia non era 'ir ás crebas', senón 'ir aos achados'. Lembra con nostalxia unha madeira dun barco que tiñan enriba da cheminea da casa e que poñía 'Singapore'.
Todos os casos rexistrados son leves, con cadros autolimitados e sen ingresos en planta de hospitalización.
Funergal, celebrada no recinto de Expourense, trae as últimas innovacións do sector funerario: cadaleitoos sostibles, urnas que fan de xardín ou de lámpada, coches de alta gama para o último paseo e mesmo tanatorios portátiles.
Cada vez falta menos para a chegada do verán, sen ningunha dúbida, un dos momentos máis agardados do ano. Tanto si temos pensado pasar as vacacións na costa como gozar da piscina da nosa cidade, é o mellor momento para botar unha ollada ás novidades en bikinis e traxes de baño.
Os traballadores concentraranse ao mediodía para denunciar unha sobrecarga agravada polo traslado das rutas de Vigo