O acusado, posto de común acordo con dous menores, de dedicou durante o mes de maio de 2022 a insultar e ameazar en repetidas ocasións a unha parella homosexual que residía na cidade, con "absoluto desprezo" cara a eles.
O xuíz segue así a doutrina fixada en xuño de 2023 polo TSXG, que afirmou que había que conceder esas seis semanas a maiores e que o artigo 124.1 da lei de emprego público de Galicia era contrario a unha directiva europea do ano 2019 sobre conciliación
Co fin de dar aparencia de legalidade ás súas actuacións, dúas dos acusados constituíron unha empresa de recambios de motor. As vendas facíanse a través de Internet, en distintas webs de compravenda nas que figuraban máis de 600 anuncios vinculados a eles.
A próxima semana renovaranse as sesións do xuízo, coas declaracións das testemuñas, entre os que está a principal testemuña policial, un ex xefe do GRECO que foi detido a finais de marzo no marco dun operativo contra o narcotráfico dirixido por un xulgado de Murcia.
Segundo recolle o escrito do Ministerio Fiscal, ao redor das 2.45 horas, no interior da mencionada discoteca, a vítima achegouse ao lugar no que se atopaba o seu curmán, nas próximidades do escenario e alí este estampoulle un vaso de cristal na fazula esquerda.
No transcurso dunha discusión, o home agrediu a unha das vítimas cun pau de madeira na cabeza, o que provocou que caese ao chan. Unha vez alí, continuou dándolle golpes no abdome.
Aínda que o considerado xefe da organización, Juan Carlos Santórum, non quixo declarar, os presentes na sala puideron escoitar a transcrición dalgunhas das súas conversacións gravadas pola Policía. Nunha desas charlas, con outro dos acusados, escóitase como Santórum presume de ter contactos entre os mandos policiais e en Aduanas, a quen terá que "tocar" porque sospeita que as súas actividades están a ser vixiadas.
O aparellador asinaba un informe pericial, no que se reafirmou na vista, que apuntaba que as obras de instalación do ascensor premitirían o acceso a usuarios con cadeira de rodas e melloraría as condicións de accesibilidade do inmoble para persoas con mobilidade reducida. Contradicíase co afirmado por el mesmo para o trámite de solicitude de licenza municial realizado semanas antes.
Segundo recolle o escrito de Fiscalía, un dos acusados fundou en maio de 2012 unha entidade que desenvolvía as súas actividades e que se publicitaban en diferentes redes sociais mostrando gran variedade de plantas estupefacientes ás que terceiros poderían acceder previa alta como membro e/ou socio da asociación mediante o pago dunha cota anual.
Tras abrir procedemento en febreiro, a Xunta Electoral de Galicia rexeita sancionar ao non identificarse ao responsable da infracción en "unha concreta autoridade ou funcionario".
A Sala do Civil e Penal do TSXG rebaixa de dez a oito meses de cárcere a condena imposta pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra. Así mesmo, absólvea do delito de tráfico de drogas con dano grave á saúde polo que tamén fora condenada (neste caso a tres anos de prisión).